Mostrando entradas con la etiqueta CONTOS ECOLOXISTAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CONTOS ECOLOXISTAS. Mostrar todas las entradas

jueves, 13 de enero de 2022

LECTURAS DO SEGUNDO TRIMESTRE

 Durante o trimestre que acabamos de comezar imos gozar dun dos contos da autora e ilustradora Olga de Dios , un fermoso conto que nos presenta VERDECONTOS SALVATERRA coa seu empeño en facernos ver a necesidade de coidar a natureza, coidar do medio que nos rodea, para coidar da vida no planeta Terra, xa que o futuro é das nosas nenas e nenos e das accións que nós fagamos agora e cada día.

O conto RA DE TRES OLLOS estará a disposición de todas as familias que desexedes recibilo nas vosas casas a través do servizo de préstamos da nosa biblioteca de Librín.  Asemade ao longo do trimestre dende este club de lectura teremos unha morea de experiencias interesantes a partir deste conto.  Tamén  nos gustaría a vosa participación con comentarios sobre o conto, despois da súa lectura en familia, a través do apartado comentarios desta entrada ( picando no lapis )





Como vedes podedes dispoñer do conto en varias linguas. Grazas a colaboración de Pablo, mestre de inglés, ao libro nesta lingua engadinoslle un código QR para facilitar a lectura  e a súa pronuncia.

REMATE DO CLUB DE LECTURA FAMILIAR

 Rematamos o club de lectura familiar por este curso nun día con choiva, por iso non saímos de paseo polo monte como tiñamos pensado. Aínda ...