domingo, 19 de junio de 2022

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE VERDECONTOS SALVATERRA PARA O VERÁN

 Verdecontos recomenda pasear entre as árbores dos numerosos lugares naturais que coñecimos este curso e ler contos fermosos. Algunhas da súas recomendacións para este verán:





sábado, 11 de junio de 2022

VERDECONTOS NO SOUTO DA RETORTA

 Para rematar as actividades do Club de Lectura Verdecontos deixounos unha invitación, xa que estivemos a falar de árbores nada mellor que visitar un fermoso lugar onde ver diferentes tipos. Visitamos o SOUTO DA RETORTA( parque natural da Rede Galega de Espazos Protexidos), onde vimos moitas abeleira, carballos, cartiñeiros, ameneiros, vidueiras e tamén   o eucalipto máis grande de Europa ao que chaman o Avó, plantado en 1880. Toda unha marabillosa experiencia tanto pasear entre as árbores a beira do río Landro falando dos contos do club como viaxar ata Chavín nun transporte especial, un tren turístico.




domingo, 5 de junio de 2022

CONTANDO HISTORIAS DE ÁRBORES

 Estivemos contando historias onde as árbores son as protagonistas. Moito nos gustaron!, tanto que pedimos máis días para poder ir a biblioteca na hora de VERDECONTOS.



Verdecontos deixavos un novo bailongo!!!!


REMATE DO CLUB DE LECTURA FAMILIAR

 Rematamos o club de lectura familiar por este curso nun día con choiva, por iso non saímos de paseo polo monte como tiñamos pensado. Aínda ...