miércoles, 11 de mayo de 2022

UNHA PRIMAVERA CHEA DE LECTURA E DE ÁRBORES

 Este mes estamos a ir todos os días ao club de lectura, aínda que vai moi bo tempo queremos escoitar, coñecer e falar da natureza e do que lle está a pasar na primavera.


Tamén estamos a facer árbores e flores con materiais de refugallo





martes, 3 de mayo de 2022

UNHA ÁRBORE NA BIBLIOTECA

No club de lectura estamos a escoitar historias que falan de árbores, e de súpeto un dos días ao entrar atopámonos cunha árbore branca na que estaba pousado Verdecontos, e coma sempre a luceciña vermella alumeou de contento, como se pon sempre cando o visitamos.

E decidimos pegarlle as follas que fixemos na casa cos papás e as mamás, nelas  recomendamos o noso conto favorito aos nosos compañeiros e as nosas compañeiras. Agora está na entrada do cole para que todos podan velo.


REMATE DO CLUB DE LECTURA FAMILIAR

 Rematamos o club de lectura familiar por este curso nun día con choiva, por iso non saímos de paseo polo monte como tiñamos pensado. Aínda ...