miércoles, 10 de noviembre de 2021

VERDECONTOS SALVATERRA

VERDECONTOS creado a partir  dunhas cantas palabras das mestras e da imaxinación das nenas e dos nenos, que foron quenes elexiron en votación democrática  entre todos os debuxos feitos en cada aula a este persoaxe que aquí presentamos.

VERDECONTOS SALVATERRA será quen nos propoña contos dentro deste CLUB DE LECTURA pero tamén será que dispoña historia para contar no tempo de lecer dos recreos, unha vez ao mes, para os que queiran participar de xeito voluntario. Asemade será que deixe propostas e inicie retos nas aulas sendo a mascota non só deste CLUB senón tamén facilitador dos contidos dos programas EDUsostibilidade, EDUsaúde e Voz Natura.

 


VERDECONTOS SALVATERRA foi creado a partir do debuxo gañador con eTextiles para animar as nenas e aos nenos, e ser un elemento esencial de motivación cara o traballo para mellorar a nosa saúde, a vida no planeta Terra e por ende o futuro da humanidade, sempre dun xeito lúdico a través de contos e historias. Pretendemos  crear hábitos e formas de actuar, de xeito que o noso alumnado sexa o motor do cambio que necesitamos para coidar da natureza e mellorar a vida futura.


REMATE DO CLUB DE LECTURA FAMILIAR

 Rematamos o club de lectura familiar por este curso nun día con choiva, por iso non saímos de paseo polo monte como tiñamos pensado. Aínda ...