Durante o trimestre que acabamos de comezar imos gozar dun dos contos da autora e ilustradora Olga de Dios , un fermoso conto que nos presenta VERDECONTOS SALVATERRA coa seu empeño en facernos ver a necesidade de coidar a natureza, coidar do medio que nos rodea, para coidar da vida no planeta Terra, xa que o futuro é das nosas nenas e nenos e das accións que nós fagamos agora e cada día.
O conto RA DE TRES OLLOS estará a disposición de todas as familias que desexedes recibilo nas vosas casas a través do servizo de préstamos da nosa biblioteca de Librín. Asemade ao longo do trimestre dende este club de lectura teremos unha morea de experiencias interesantes a partir deste conto. Tamén nos gustaría a vosa participación con comentarios sobre o conto, despois da súa lectura en familia, a través do apartado comentarios desta entrada ( picando no lapis )
Como vedes podedes dispoñer do conto en varias linguas. Grazas a colaboración de Pablo, mestre de inglés, ao libro nesta lingua engadinoslle un código QR para facilitar a lectura e a súa pronuncia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario