Verdecontos recomenda pasear entre as árbores dos numerosos lugares naturais que coñecimos este curso e ler contos fermosos. Algunhas da súas recomendacións para este verán:
Neste blog Verdecontos Salvaterra será o protagonista de aventuras onde o fin último é salvar ao Planeta Terra ¿Queres coñecelas?
domingo, 19 de junio de 2022
sábado, 11 de junio de 2022
VERDECONTOS NO SOUTO DA RETORTA
Para rematar as actividades do Club de Lectura Verdecontos deixounos unha invitación, xa que estivemos a falar de árbores nada mellor que visitar un fermoso lugar onde ver diferentes tipos. Visitamos o SOUTO DA RETORTA( parque natural da Rede Galega de Espazos Protexidos), onde vimos moitas abeleira, carballos, cartiñeiros, ameneiros, vidueiras e tamén o eucalipto máis grande de Europa ao que chaman o Avó, plantado en 1880. Toda unha marabillosa experiencia tanto pasear entre as árbores a beira do río Landro falando dos contos do club como viaxar ata Chavín nun transporte especial, un tren turístico.
domingo, 5 de junio de 2022
CONTANDO HISTORIAS DE ÁRBORES
Estivemos contando historias onde as árbores son as protagonistas. Moito nos gustaron!, tanto que pedimos máis días para poder ir a biblioteca na hora de VERDECONTOS.
REMATE DO CLUB DE LECTURA FAMILIAR
Rematamos o club de lectura familiar por este curso nun día con choiva, por iso non saímos de paseo polo monte como tiñamos pensado. Aínda ...

-
Para rematar as actividades do Club de Lectura Verdecontos deixounos unha invitación, xa que estivemos a falar de árbores nada mellor que v...