viernes, 23 de junio de 2023

REMATE DO CLUB DE LECTURA FAMILIAR

 Rematamos o club de lectura familiar por este curso nun día con choiva, por iso non saímos de paseo polo monte como tiñamos pensado. Aínda así tivemos unha xuntanza moi emotiva onde falamos dos contos de lobos que se leeron, cal nos gustaron máis, os persoanxes principais e os aprendizaxes que fixemos a hora de contar estes contos en familia nas nosas casas.

Rematamos cunha pequena merendola que fixo as delicias de grandes e de neas e nenos.




 

viernes, 21 de abril de 2023

CLUB DE LECTURA FAMILIAR VERDECONTOS

 Reunión de familias do noso novo Club de Lectura Familiar Verdecontos. Tivemos pirulas de como contar contos, debuxaron a verdecontos e eleximos lecturas de contos de LOBOS para comentar na vindeira reunión.









domingo, 19 de junio de 2022

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE VERDECONTOS SALVATERRA PARA O VERÁN

 Verdecontos recomenda pasear entre as árbores dos numerosos lugares naturais que coñecimos este curso e ler contos fermosos. Algunhas da súas recomendacións para este verán:





sábado, 11 de junio de 2022

VERDECONTOS NO SOUTO DA RETORTA

 Para rematar as actividades do Club de Lectura Verdecontos deixounos unha invitación, xa que estivemos a falar de árbores nada mellor que visitar un fermoso lugar onde ver diferentes tipos. Visitamos o SOUTO DA RETORTA( parque natural da Rede Galega de Espazos Protexidos), onde vimos moitas abeleira, carballos, cartiñeiros, ameneiros, vidueiras e tamén   o eucalipto máis grande de Europa ao que chaman o Avó, plantado en 1880. Toda unha marabillosa experiencia tanto pasear entre as árbores a beira do río Landro falando dos contos do club como viaxar ata Chavín nun transporte especial, un tren turístico.




domingo, 5 de junio de 2022

CONTANDO HISTORIAS DE ÁRBORES

 Estivemos contando historias onde as árbores son as protagonistas. Moito nos gustaron!, tanto que pedimos máis días para poder ir a biblioteca na hora de VERDECONTOS.



Verdecontos deixavos un novo bailongo!!!!


miércoles, 11 de mayo de 2022

UNHA PRIMAVERA CHEA DE LECTURA E DE ÁRBORES

 Este mes estamos a ir todos os días ao club de lectura, aínda que vai moi bo tempo queremos escoitar, coñecer e falar da natureza e do que lle está a pasar na primavera.


Tamén estamos a facer árbores e flores con materiais de refugallo





martes, 3 de mayo de 2022

UNHA ÁRBORE NA BIBLIOTECA

No club de lectura estamos a escoitar historias que falan de árbores, e de súpeto un dos días ao entrar atopámonos cunha árbore branca na que estaba pousado Verdecontos, e coma sempre a luceciña vermella alumeou de contento, como se pon sempre cando o visitamos.

E decidimos pegarlle as follas que fixemos na casa cos papás e as mamás, nelas  recomendamos o noso conto favorito aos nosos compañeiros e as nosas compañeiras. Agora está na entrada do cole para que todos podan velo.


REMATE DO CLUB DE LECTURA FAMILIAR

 Rematamos o club de lectura familiar por este curso nun día con choiva, por iso non saímos de paseo polo monte como tiñamos pensado. Aínda ...